12.29.2008

Mirámonos

Pois aquí, sen carro, pequeno-dependente do esquizoide transporte público galego e duns colegas e familiares que me reaprenden o concepto da solidariedade (grazas, Emi de Taraghoña, meu pai e miña nai, Adolfo de Rianxo, miña irmá e Óscar, seu mozo, Nacho e Masha, Vilasó, Suso -Alvidrón- e Fernando -Ovella-, Pableras, X. Carlos e os taxistas aos que lles fixen algo máis levadeira a creba do sistema capitalista), aquí se despide O Leo de Arremecághona! ate ben entrada a Candeloria. Retirámonos aos cuarteis de inverno para ver de vos contar cousas novas neste ano impar que entra.

Mirámonos nos bares, coma sempre.

12.16.2008

Festa de Fin de Ano Universitaria

Nada, que como ao final se suspendeu o bolo do sábado pasado con Lamatumbá, tocamos na Sala A o venres 19 a partir das 23:00 h. E antes, á mañá, no instituto de Guitiriz, recitando no báter e travestíndonos. Todo moi educativo.

Mirámonos aló

12.10.2008

Vigo's burning

En Vigo xa non hai escusa para me dicir: "quería vervos pero nunca me entero. Cando vés por Vigo?" Dous días dous na cidade olívica que me viu nacer (logo xa marchei rápido da residencia para Matamá).

Venres 12: Sala Mondo, cos Ruxe-ruxe. 22:30 h.

Sábado 13: Sala A, con Lamatumbá. 22:00 h.

Mirámonos (nunca mellor dito) aló

12.02.2008

Finde movida

O venres en Compostela, facendo de Labregos do Tempo dos Sputniks o García e mais eu n'O Garigolo aí á noitiña. O sábado presento a Festa pola Liberdade na NASA tocándolle algún que outro tema. Comeza ás 21:00. Hai que plantarlle cara á moderna Inquisición en que xa prometía converterse a Lei de Partidos. Domingo estreamos o Anxo Angueira e mais eu un espectáculo de música e poesía e animación á lectura: Na fronte unha estrela, no bico un cantar, unha viaxe poético musical, con escalas nos símbolos que constrúen Galicia. No cultur.gal da Coruña, ás 17:00 h, na área de animación á lectura.


Mirámonos

P.D.: O 22 de novembro estivemos na Revolta recitando coas Redes Escarlata. O 15 tocamos no novo Apolo (que mítico) de Compos o García e mais eu polas Radios Livres.