12.26.2007

Para rematar ben o ano...

... tres días de cuchipanda espesa:

Venres, 28, festival internacional de Morrovisión do Clavicémbalo, en Lugo, xunto con máis propostas para botar unhas risas.

Sábado, 29, Hai cu na Coruña, no C. S. Atreu, 21:00 h, rúa de San Xosé, en Montealto.

Domingo, 30, presentación do Sonoro Maxín no Café Auriense de Ourense (valla a redundancia).

Mirámonos alá

12.03.2007

Mércores 5, Fábrica de Chocolate, Vigo

Este mércores, tocamos na festa punk da Fábrica de Chocolate, en Vigo. Festa rachada punki en véspera de festivo. Vou estrear unha versión, punk, por suposto, do grupo máis punk, da súa canción máis punk, I wanna be your dog, España, soytuperra.

Mirámonos alá

11.30.2007

Sábado 2, xornada dupla: Cangas, Noia

Ás 7 da tarde, no Ambigú de Cangas toca o meu irmán espurio, o Leo de Matamá, logo imos (eu vou con el) para Noia, ao Magosto de Galiza Nova, que seica arrinca aí ás 22:30.

Mirámonos alá

11.21.2007

Macrofesta 15 aniversario de Area Máster, Fóra do Sagrado e

Esta sexta (venres) feira ás 22:00 tocamos na Sala Breogain de Vigo, nos Estudios Areamaster, para festexar os 15 anos do mítico complexo de son e produción vigués. É un concerto sorpresa con bandas galegas abondo coñecidas.

O Martes, xornada dupla, aí polas 7 ou 8, en xornalismo, presentación de Fóra do Sagrado, recita Angueira, eu poño o espazo sonoro e o Aser Álvarez os efectos e as percusións. Ao que saiamos, levo os tarecos para a zona vella e dámoslle duro no Miúdo, entre as dúas Algalias.

Pois iso, que se andas por Vigo ou Compostela podes ver O Leo i Arremecághona! en directo.

Mirámonos alá

11.19.2007

Hai cu. Pintadas no báter. Malas Pécoras, 22 de novembro, 22:00 h

O noso vocalista, O Leo, presenta un libro cun espectáculo multimerda en que fai todo o que fai no báter: cagar, ler, tocar a guitarra e ter monólogos interiores. O xoves en Santiago.


Mirámonos alá.

11.14.2007

Miúdo, Compostela, 22:00 h, mércores 14

Concerto en Compostela, en Entrealgalias.

Xa toquei tamén na Casa de Arriba, o día de Santos, en Vigo, e no Fardela de Vilalba. Paseino moi ben nos dous, gran descubrimento da terra do Manu Chao, un local que lle recomendo a todo o mundo e grazas coma sempre a Jose, da Fábrica e da Casa por todo.

Isto de vivir en Muxía non me deixa infraestrutura para postear...

Mirámonos alá

10.18.2007

Barriga Verde de Lalín, venres 19, e Esmorga de Boiro (con Anxo Angueira) sábado 20

Imos a Lalín, á terra dos punkis segundo os Novedades Carminha, este venres 19 ás 23:00 h. Seguramente haxa unha sorpresa en forma de abreconcertos de Vila de Cruces. En Boiro, ao día seguinte, Anxo Angueira presenta e recita ese cacho poemario impresionante sobre a cidade que me viu nacer e ímoslle pór música ao rapsoda de Manselle o Aser e mais eu. No Esmorga, aí ás 22:00 h.


Mirámonos aló.

10.11.2007

Café Auriense

E despois do Reperkusión de Allariz, O Leo i Arremecághona! volven a esa provincia adorada (todo vigués é un chisco ourensán) para tocar na metrópole, no Café Auriense, ás 21:00. Vai haber algunha sorpresa relacionada con xente ben pándiga...


Mirámonos alá

Xornada Antifascista, Valadares, ven 12, 21:00

O Leio (o meu irmán espurio) toca na Xornada Antifascista en Valadares, a un pasiño da casa, nunha sociedade cultural que se caracterizou sempre polas súas altas inquedanzas culturais, un exemplo para seguir no contorno de Vigo. Repertorio antifascista, da república á transición. O Leio. O Concerto é no Auditorio novo da Sociedade Cultural, un chisco máis adiante do local social á man esquerda vindo de Vigo.

10.06.2007

Programa duplo pangalaico

Hoxe, sábado 6, ao mediodía toco en Vigo, no Local da Formiga (entre Vigo e Redondela á dereita por unha costiña pequena que sobe. Á noite, no Jazz Vides da Coruña. A ver se non me confundo coas consignas futboleiras...


Mirámonos alá

San Michael Knights e A Fouce

Pois iso, que Arremecághona tocamos con outras bandas como Qronopios, Xenro, Novedades Carminha e Hiroshima no I Festival San Michael Knights de Monterroso. Ao día seguinte, os Labregos do tempo dos Sputniks (García DKTC e mais eu) cantamos a Celso Emilio en Bertamiráns, no local d'A Fouce.


No San Miguel arrastrei o me xeonllo en pel viva polo chan. Unha semana antes, en Noia, xa decorara a canela dereita contra un taburete. No próximo imos a polo da birra rota contra o peito.

Se non quedei preñado, que ben o pasei.

9.11.2007

Sábado 15, Reperkusión de Allariz

O Leo i Arremecághona! no Réper, no primeiro ano que se fai de balde. Estamos o sábado 15, no Espazo de Día. O concerto está previsto para as 17:30.


Mirámonos alá

9.06.2007

Valadares, sábado 8, 00:00 h

Este sábado, concerto en Valadares, Vigo, en La Vaca d'Naka, no barrio do Carregal. E velaquí vos deixo esta foto, tirada pola xente de Audiéncia Zero no festival Artenativa de Valga.

Mirámonos alá

7.13.2007

A Coruña, Allariz e Sons da Lameira en MATAMA!!!

O mércores ás 18:30 o García (Dios ke te Crew) e mais eu poñemos de longo o noso espectáculo sobre textos de Celso Emilio Ferreiro en clave de cantautor, punk e rap, Labregos do tempo dos Sputniks, na Facultade de Ciencias da Comunicación do campús de Elviña da UDC. Xoves, aí ás 22:00 h, O Leo i Arremecághona! estamos no Roi Xordo de Allariz no marco dos cursos de verán para non galego-falantes da Universidade de Vigo. O venres comeza o Sons da Lameira, onde vou escandalizar outra volta á miña aldea tocando a 700 m da miña casa, xunto con este cartelazo:


Máis info e escoitas en: www.myspace.com/ossonsdalameira

Mirámonos alá!

7.03.2007

Festa contra a propiedade intelectual

Ao Cineclube de Compostela metéronlle unha multa de 250 € por exhibir gratis un filme co consentimento do seu autor. O produtor responsable da denuncia, Pablo Llorca, cuxo nome merece ser tatuado con letras de merda xunta o de Ramoncín ou o de Teddy Bautista no sumidoiro máis inmundo, aínda enriba de non amosar un filme gañador de varios certames documentais, entre eles o Doc Lisboa do ano pasado, vailles ao lombo ás iniciativas asociativas que se destreven a facelo.


Para pagar a débeda divertíndonos, que é o máis lles pode foder, combinamos esta sexta-venres no local da Gentalha do Pichel, rúa de Santa Clara, 21, a partir das 19:00 h.

Mirámonos alá

6.29.2007

Casa Vella, Extrarradio, Clandestino

Hoxe á noite, ás 23:00, na Casa Vella, en Valga, na estrada que vai de Cesures a Vilagarcía, na primeira recta. Mañá á mañá no Extrarradio da Radio Galega, que se emite en directo dende a Igrexa do barrio de San Pedro, enfronte a un piso en que vivín e fixen aquel Suspiros de Kaña. Ás 12:00, en directo. E tamén mañá, na Ramallosa, ás 23:30, entre Baiona e Gondomar, no Clandestino.

Feeessstttaaa!

Mirámonos alá

6.18.2007

Cacharela da Casa Encantada e Apologhit

Pois tocamos na cacharela da Casa Encantada, que é no alto da Almáciga, Compostela, fronte ao colexio Santiago Apóstolo. Tamén estarán os Ataque Escampe. O San Xoán é a miña festa favorita do ano, xunto cos magostos, así que a dalo todo. Imos estrear ademais un par de cancións novas, unha versión e unha orixinal moi destroyer de dios.


E tamén nos embarcamos en Apologhit, desta volta con Bilingüismo harmónico, a revisión dos Clash que nos gravou o Eladio, que tamén lle mete un órgano ao tramo final da peza.

Os Puta Miseria dixeron cando se separaron (hai testemuño audiovisual disto no disco en directo DVD do concerto-despedida que van presentar en breve) que só habían volver xuntarse para tocar no Luar... Pois vaia putada lles fixen, que inda vai ser verdá!

E votar por nós, que queremos ir a Cuba coa Bugallo!

5.29.2007

Miúdo e Ferlós, semana picheleira

Volvemos á bisbarra de Compostela, por derradeira vez antes do verán, para levar a Xira E Aghomita! até o Miúdo, na rúa das Entrealgalias, na zona vella, e o Ferlós Café, en Bertamiráns. No Miúdo, xoves 30 de maio, ás 22:30. No Ferlós, venres 1 de xuño, ás 23:00. Vamos, pasado mañá e pasado pasado mañá. Prevese estrea dalgún tema novo...


Ultimamente sempre me rompe unha corda. A ver se así esconxuramos a cousa.

Mirámomos alá.

5.03.2007

Un Meuespazo.com e para alén Minho

Aquí tendes dous temas de estrea, xunto con dous vellos amigos meus, subidos no myspace.com/arremecaghona que veño de estrear para estas lides de adiantar cousiñas. Fan parte de Aghomita, campión!, do que só faltan por gravar tres peciñas de nada.


Bilingüismo harmónico gravouna o grandísimo Eladio Santos, de Elodio y los Seres queridos e Pareja de Hecho, así como Medusa e unha chea de bandas que mete vertixe e admiración enumerar. A banda, os Puta Miseria grazas aos cales sigo a tocar por Galiza adiante, e tamén Rosiña de Essenzia de Lapo.


A versión de Andrés do Barro, Vou a Bueu, gravouna no Val do Dubra, corazón da Coruña, o mestre Jacobo, que tamén gravou xente que admiramos un feixe, como Samesugas, The Homens ou os Redullos. A banda que teño en Bueu é o meu Kolhoz da alma, que xa me acompañaran no Apologhit de arredor dun colchón rebentando limiares de distorsión de programas de gravación caseiros, e que desta volta emocionáronme de verdade, porque me demostraron un apoio incondicional en horas baixas que estou moi lonxe de merecer.

Aí vos vai!

E sábado tocamos en Coimbra, grazas á Plataforma Galiza-Coimbra, cruzamos o Minho por primeira vez, que non é igual ca tocar no estranxeiro, como fixemos cando foramos a Donosti, hai unha chispa de anos ;-)

Mirámonos

5.01.2007

Aí vén o maio

Hai quince días tiña namais un concerto posto para este mes que hoxe comeza co día dos que choiamos e coa okupación dun tren (ánimo, compañeiros). Hoxe hai fechadas sete datas e unha oitava pendente:

Sábado 5, Plataforma Galiza-Coimbra, Coimbra
Venres 11, C. S. Faísca, Vigo
Sábado 12, Casino de Maniños, Fene
Mércores 16, Pub Baranda, O Barco de Valdeorras
Sábado 19, Pub Rañolas, Gondomar
Xoves 24, feche de campaña da FPG, Vigo
Xoves 31, O Miúdo, Compostela



Mirámonos alá

4.26.2007

A Fragua, Redondela, 23:30, sábado, e gravación de Vou a Bueu

Velaquí ese grupo de acción festeira que é o kolhoz, ou unha ampla representación del, que gravou comigo a versión dese temazo de Andrés Do Barro, Vou a Bueu, un dos temas máis tolos e delirantes da música galega. Agora anda a mesturalo no Val do Dubra o Jacobo, mestre do son de referencia no punk rock galego. O disco enteiro de versións de Andrés do Barro, polo que sabemos, en xuño, en Falcatruada.


Tamén tocamos o sábado en Redondela, co que estreamos no concello a Xira E Aghomita!

4.19.2007

Pub Antano, Outes, 00:00 h, sábado 21

No Antano, na Serra, este sábado. Imos gravalo con cámara e algo diso ha saír nunha peciña destas de dous minutos que botan en Miraxes, na TVG.


Mirámonos alá.

4.09.2007

That fucking music

Enléanme dende Fodendo, unha parte dese Fodemillo que me está facendo recuperar a esperanza na utilidade dos blogs, para que faga de dj cuchino e poña aquí 5 temas para botarlle un estumbaloureiro. Para min serían estes:

Perfect Day - Lou Reed
O amor e a morte, a un paso, indisolubles semanticamente.



El camión de la basura - Albert Pla
A perfecta re-creación do poscoito. Non hai vídeo nin mp3, hai que safar coa letra ;-) Está en Veintegenarios, BMG-Ariola, 1997.

después de corrernos
no me marcharé corriendo
me quedaré otro ratito
junto a ti
perdiendo el tiempo
después de corrernos
no encenderé un cigarrito
fumo poco últimamente
y sólamente fumo tus besos

me quedaré otro ratito
con el silencio de tus ojos
junto a ti mirando el techo
sólo se escucha a lo lejos
ese camión de la basura
haciendo su ronda nocturna
yo no te dejaré nunca
yo no te dejaré nunca

después de corrernos
no me quedaré dormido
pues no hay nada más bonito
que soñar contigo despierto
después de corrernos
no iré a hacer un pis ni iré a lavarme
no oiré teléfono ni timbre
me quedaré contigo para siempre

me quedaré otro ratito
con el silencio de tus ojos
junto a ti mirando el techo
sólo se escucha aquí cerquita
ese rugido de mis tripas
y en el tejado un gatito
le va maullando a la luna
yo no te dejaré nunca
yo no te dejaré nunca
yo no te dejaré nunca

Letra y música: Albert Plá
Veintegenarios en Alburquerque


One - U2
Dende a primeira vez que a escoitei é para min un himno. E lamber, bicar e acariñar con esta bso, un subidón.



Hey - The Pixies
Outra cántiga de amor desesperado. Das cancións que máis me gustan. Outro multiplicador de sensacións.



Motorbreath - Metallica
Dunha volta fixen que fodía e escarallaba un atril de música clásica con esta banda sonora. X-DDD



Os catro primeiros son para foder con amor e o último para foder por vicio.

Ala, a ghoçalo.

4.02.2007

A Xira E Aghomita! na Radio Galega

Sábado tocamos no mítico Pub Gatos de Melide, con ITH, grupazo de Boimorto e Salceda, e retransmitiron o concerto pola Radio Galega, programa Máis Berberechos, da 1:00 ás 2:00 da mañán. Aquí tendes a ligazón para escoitardes a retransmisión:
O Leo i Arremecághona! no Pub Gatos de Melide


A jam session de despois, que encomezaron os fillos de Breogán, ITH, durou até as 6 e pico (eu marchei desa hora, non lle sei o final...). Se non quedei preñado, que ben o pasei!

3.28.2007

Avante, XXII Semana da Educación Crítica; A Laracha, Pub d'Antón; Melide, Pub Gatos

Hoxe tocamos no Avante, en Compostela, nesa celebración tan necesaria coa que xa colaboraron o mércores pasado os compañeiros de Ataque Escampe no Tarasca. A novidade é que hoxe O Leio... non vai ser só abreconcertos!!!, senón que vai tocar o mesmo tempo ca os Arremecághona! E mañá, xoves, n'A Laracha, no Pub d'Antón, ás 23:00 h. E recontrapasado (sábado) no mítico Gatos de Melide, do que gardo moi boa memoria da outra vez que estiven.


Mirámonos alá

3.20.2007

Bar Patos e Cineclube de Compostela

Semana movida esta. Imos do Bar Patos, en Nigrán, co espectáculo antigo, Suspiros de Kaña, (venres-sexta feira 23 aí ás 23:30) ao local da Gentalha do Pichel de Compostela, en San Roque fronte ao Convento de Santa Clara, coa Xira e Aghomita!, no cacho festón do VI aniversario dese Cineclube en que botamos os mércores-cortas feiras á noitiña mirando pelis que doutro xeito nunca soñariamos. Este último é o sábado: ás 21:30, peli de Jonathan Demme, Stop Making Sense; e ás 23:00, priva, sexo e rock and roll salvaxe con Ataque Escampe e connosco.


Mirámonos alá.

3.05.2007

Dossier de Prensa

Como resulta que xa vai saíndo algo nos medios en papel sobre nós, pois imos pór aquí ligazóns e pdfs que sirvan para que miredes o que opina o cuarto poder d'O Leo i Arremecághona! e/ou d'O Leio.

CRÍTICAS

Todaslasnovedades.net, novembro de 1998:
El imperdible en la piel de toro

Oiaweb.com (citando en parte todonada.com), verán de 2oo6

Perdiendo Mi Eje, 10 de xullo de 2006:
Rexorde o pop en Galicia, O Leo i Arremecághona!, David

Faro de Vigo, 24 do nadal de 2006:
A Niña Lola e a familia Vázquez, X. M. Pereiro

La Voz de Galicia, 1 do marzal de 2007:
Vai por aí na fin de semana

El País, Luces, 2 do marzal de 2007:
O galego e a música lixeira, Óscar Iglesias

El País, 3 do marzal de 2007:
Del traje de faralá a los pololos, Daniel Salgado

ENTREVISTAS

Vieiros, 20 anos de 'Fai un sol de carallo', 26-05-06

NetClub, Caixa Galicia, 8-2-07


Irémolo ampliando e poderase consultar a través do índice de Descargas da esquerda da pantalla.

2.27.2007

Malas Pécoras, Santiago DC, xoves 1 do marzal, 22:30

Tocamos -o Leio e mais eu- nese recunchiño do noso corazón, oficina das findes, que é o Malas, na Praciña da Algalia, ao final da Algalia de Abaixo. Estreamos así en Compostela a Xira e Aghomita!


Graciñas a X. Carlos Hidalgo pola viñeta, que podedes ver tamén en www.sono-tone.net

Mirámonos alí

2.15.2007

Esta finde persigno Galiza!

En el nombre de Navia de Suarna, de Boiro y de Goián Foz, amén. Navia, venres á mañá no Instituto. Boiro, venres ás 00:00 n'A Esmorga. Goián, un hip-hop charanga con letra de María Seisdedos sábado á noite, polo medio dos concertos da Taíña. Foz, ás 19:00, no Centro Social de Foz.


Mirámonos alá

1.30.2007

Arrinca a Xira E Aghomita!

Arrinca a Xira E Aghomita! na Guarda, na Sala Escarabajo, con novo espectáculo e tamén cancións novas, que van entrar en Aghomita, campión! Velaquí o cartel, un deseño de Xosé Carlos Hidalgo:


Introducing the incribles Ataque Escampe, que sen dúbida van ser unha das sensacións da música galega de 2007.

Mirámonos alá

1.10.2007

Arremecághona's Produçións presenta a: "Xira E Aghomita!"

Pois si, meus e miñas, imos presentar por Galiza adiante os dous traballos que están a piques de saír, Sigho (Vivo)! (DVD) e Aghomita, campión! (CD).

Xa chegou a Xira E Aghomita!



XIRA E AGHOMITA!

Febreiro
Sábado 3, El Escarabajo (A Guarda), con Ataque Escampe
Sábado 10, Marrucho (Baiona)
Venres 16, CEIP de Navia (Navia de Suarna)
Venres 16, A Esmorga (Boiro)
Domingo 18, Centro Social de Foz (Foz)

Marzo
Xoves 1, Malas Pécoras (Santiago de Compostela)
Venres 23, Bar Patos (PunkXón-Nigrán)
Sábado 24, Festa do Cineclube de Compostela, A Gentalha do Pichel (Compostela)
Xoves 29, Pub d'Antón (A Laracha)
Sábado 31, Pub Gatos (Melide)

Abril
Sábado 21, Antano (Outes)
Sábado 28, A Fragua (Redondela)

Maio
Sábado 5, República Baco (Coimbra, Portugal)
Venres 11, C. S. Faísca (Vigo)
Sábado 12, Casino de Maniños (Fene)
Mércores 16, véspera das Letas, Baranda (O Barco de Valdeorras)
Sábado 19, Rañolas (Gondomar)
Xoves 24, Instituto Santa Irene, feche de campaña da FPG (Vigo)
Xoves 31, Miúdo (Compostela)

Xuño
Xoves 7, Clavicémbalo (Lugo)
Xoves 14, A Fábrica de Chocolate (Vigo)
Sábado 30, Clandestino (Nigrán)

Outubro
Sábado 6, Jazz Vides (A Coruña)
Sábado 13, Auriense Café Concerto (Ourense)
Venres 19, Barriga Verde (Lalín)

Novembro
Xoves 1, Casa d'Arriba (Vigo)

Estas polo de agora, de aquí alá iremos actualizando a lista, que poderedes consultar na barra da esquerda, en Descargas, baixo o título Datas da Xira E Aghomita! Tamén iremos informando enriba do día, como facemos sempre.

Mirámonos alí